Estamos nun "sen vivir"
Editorial - viernes, 20 de julio de 2012
Anda todo bastante revolto. E non é para menos. Porque parece como se de repente todo se trastocara; como se todo o que tiñamos por firme e seguro se tambalease debaixo dos nosos pés.
Unha das cousas máis sagradas que tiñamos ata hai ben pouco tempo era a monarquía que, conscientes do seu papel moderador e do que representou nestes últimos trinta e tantos anos, tiñamos pouco menos que nun altar, soslaiando críticas, esquivando os aspectos menos positivos. Pois xa non é intocable e recibe estocadas certeiras desde todos os ángulos.
O mesmo pasa co máximo órgano xudicial, cos políticos, coas deputacións, cos concellos, cos funcionarios, coas entidades de aforro, coa débeda pública e privada, co ensino, coa sanidade... todo está cuestión, todo se discute, todo parece estar en perigo.
E en lugar de procurar ir estabilizando o país, o sistema, non parece haber un orde un concerto- para ir saneando determinadas parcelas, para ir tranquilizando áreas, para normalizar unha situación convulsa que non nos merecemos.
Estamos nun sen vivir. Como se se estivese queimando a nosa propiedade máis preciada e os bombeiros estivesen razoando se vale a pena apagar o incendio ou agardar que el solo acabe por extinguirse.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora