Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Chamados a curar as cegueiras humanas

lunes, 07 de marzo de 2005
Os católicos e católicas deste País (xerarquía e fieis), que decimos ser maioría, estamos precisados/as dun forte impulso renovador para vivir a fe, responsable e coherentemente, e aportar luz ós novos tempos. Estamos afeitos a vivir nunha fe individualizada/costumista, sen experiencias e vivencias persoais, en estructuras aínda preconciliares, nunha vella Igrexa de cristiandade, monolítica, sacralizada e chea de crenzas e prácticas afastadas da realidade/vida. Eses pousos e vellos costumes dificultan a sá convivencia coa nova sociedade laica, multirrelixiosa, secularizada e pluralista coa que compartimos vida. Somos conscientes diso.

Non é doada a conversión. Vai axudarnos a mensaxe do Señor deste domingo. Tamén a nosoutros/as (coma ó cego de nacemento) se nos teñen que abrir os ollos da mente/corazón para ver/ollar/comprender a nova situación. O Señor é Quen de devolvernos a vista e de arrincar os atrancos que reinan aínda nas nosas comunidades. A pasaxe está dirixida ós/ás cristiáns/ás. En especial, para os que nos cremos bos, piadosos e mesmo cumpridores da lei (fariseos) e apoiamos a vivencia da fe nos ritos, leis, costumes, etc. esquecendo a atención ós pobres e marxinados, ós que Xesús colocou como primeiros no seu Reino, rachando coas leis xudaicas e póndoos como centro do verdadeiro culto a Deus.

A curación da cegueira farisaica e moi difícil. Lémbrao o dito popular "non hai peor cego có que non quere ver". A proverbial soberbia dos fariseos que tamén herdou a nosa Igrexa. Aparece, claramente, no proceso da curación do cego. Que cada quen se coloque no personaxe que mellor lle cadre: no do cego, dos seus pais (mudos por medo ós dirixentes), dos veciños miróns (covardes), os letrados máis cegos (fariseos)..Tamén Xesús. A nosa Igrexa posúe unha cantidade de reflexións teolóxicas teóricas moi profundas e, ás veces, non sabe (ou non quere) ver as realidades que padecen os irmáns. Vive (vivimos) das aparencias, da falla de presencias, de cercanías (coma as de Xesús) acercándose ó cego, ó leproso, ós nenos, ós pecadores, etc. Os pequenos, os marxinados, os pobres, os inmigrantes (os escravos do séc. XXI) están á vista. Parecen invisibles para moitos ollos humanos. Non os queremos ver, nin recoñecer neles a Xesús.

A sociedade, atrofiada polo egoísmo e a escuridade consumista, precisa de luces, de referencias, de novos guías...Quen son?, onde están!?. Nos seus dirixentes, políticos e/ou relixiosos!?, na Comunidade dos seguidores de Xesús!?. Esa foi a misión e tarefa que Xesús confiou á Igrexa. A todos os seus membros.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES