Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

"A Rapadoira": Hai 50 anos

viernes, 20 de julio de 2012
O mes de abril de 1962 comeza a publicarse a revista “A Rapadoira”, iniciativa sen precedente na historia local. Aínda lembramos a emoción vivida por aquel feixe de rapaces que nos embarcábamos na aventura, cando chegaron ás nosas mans os exemplares que cheiraban á tinta da imprenta.

“Al servicio de un Foz mejor” era o súbtítulo da mesma, en tempos nos que a nosa sociedade vivía un ambiente mais distendido e solidario, e de esperanza no futuro, pois comezaban a superarse as fames da guerra (1936), o que mesmo levou a que a rapazada, eufórica, acuñara o eslogan de “Foz, capital de Europa”.

Abría este número a carta de Pancho Martínez, entón presidente da S. C.Peña da Rapadoira, no seo da que se editaba a revista “sin mais pretensións, decía, que colaborar ó rexurdimento turístico e cultural de Foz”. A publicación contaba cun plantel de colaboradores mais ou menos habituais: Pepe Beltrán, Luis Cordeiro, Olimpia Pérez, Alfonso Toimil e os focegos da diáspora Manolo Lugilde, Eliseo Oroza, Pepe e Lalo Veiga Pita, con temas variados; e espacios fixos: “Deportes”, Mario López Couto, Pedro del Riego, Jaime Beltrán; “Noticiero,” Jhonny; “Anecdotario”, Minguín ; “Poetas Galegos” e “del Foz de ayer”, o director; “Leer para saber” , “Humor y pasatiempos” e “La entrevista del mes”, varios; firmas invitadas: Paco Jaureguizar; Chao Espina, catedrático e Académico; Rufina Solveira, poeta focega; os prestixiosos xornalistas Jorge Víctor Sueiro e Daniel Hortas e o mismísimo Alvaro Cunqueiro ;“Panorama Industrial Focense”: César Rodiguez, “Charín” … e diversos colaboradores espontáneos con artigos, contos, poemas, etc. Dirixía este cronista.

O derradeiro Nº saíu en marzo do 63, cun tema polémico: o sí ou o non á Celulosa que aspiraban a instalar en terreos hoxe do parque empresarial. Unha decena de persoas responden a preguntas dunha enquisa en A Rapadoira. Aquéla, é evidente, non se instalou. Hai 50 anos do episodio. A revista rematara xa a súa vida e nada semellante volveu a facerse. Foi unha fermosa e laudable experiencia, que queda aí para a historia.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES