Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

ConsumoGustos etiquetados en galego

jueves, 19 de julio de 2012
DIA DE GALICIA, DÍA DA PATRIA GALEGA
ConsumoGustos etiquetados en galego

Nunha anterior colaboración dedicada ó acto fundacional da Irmandade Galega de Adegueiros faciamos algunhas reflexións sobre os efectos que está a provocar a críse económica no noso agro. Diciamos entón, e remachámolo hoxe, que as explotacións agrícolas veñen adoecendo dunha axeitada planificación por parte dos poderes públicos, que son os encargados de deseñaren estratexias para afrontar a grave situación na que se atopan.

A resistencia da nosa economía agraria debilítase de contínuo.

Unha das razóns que impiden o mantemento de industrias estables e rendibles está nos mercados inzados dunha oferta que non é sempre de calidade, pero que controla as canles de comercialización creando unha cultura de consumo condicionada polas grandes campañas publicitarias que anulan a oferta autóctona.

É certo que a solución do problema, que é estrutural, pasa polas políticas gobernamentais para dinamizar a economía agraria; pero non é menos certo que os titulares das explotacións e industrias agroalimentarias precisan da complicidade dos consumidores galegos.

Esas organizacións sociais que vertebran a sociedade suman milleiros de adherentes. Unha masa considerable que debería repensar os seus hábitos de consumo. Por iso o Foro E. Peinador coida que a galeguización da economía, que é o mesmo que dicir do País, depende en gran medida das decisións que tomen os consumidores ante a oferta. Moitos dos nosos produtores agroalimentarios hai tempo que afrontaron o reto da calidade e mesmo da identificación coa nosa cultura.

A cultura do consumo responsable ten moi poucos practicantes. Na medida en que o número fose maior as empresas agroalimentarias poderían albiscar un futuro de esperanza, porque o poder dos consumidores é grande e pode condicionar a oferta.

Se este argumento é válido para calquera galego de nacencia, deberá ser de inmediata reflexión de aplicación para a franxa social máis comprometida cos valores identitarios. Deste parecer eran as organizacións galeguistas da preguerra. Nas súas proclamas incluían a de “comprar produtos galegos e facer propaganda a prol dos mesmo”. Pedagoxía que botamos en falta hoxe. A Irmandade Galega de Adegueiros quere este 25 de xullo, Día da Patria Galega/Día de Galicia, facer unha proposta máis concreta. De aí que escolla esta consigna: “ConsumoGustos etiquetados en galego”. Unha boa oportunidade para apoiar aos nosos adegueiros e o noso sector agroalimentario. Se queremos, podemos.

(Presidente do Foro E. Peinador)
González Martínez, Xosé
González Martínez, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES