Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Caixa pide perdón

miércoles, 18 de julio de 2012
Custa traballo dixerir a petición de perdón, pero moito máis ten que custar pedilo. Eso é o que veñen de facer, no nome da entidade Caixa Galicia ou Nova Galicia Banco os seus máis relevantes representantes, José María Castellano (Presidente) e Cesar González-Bueno, Conselleiro Delegado.

Non é o de Galicia o único caso, que Caixas houbo mal gobernadas en toda España e a Caixa de Aforros do Mediterráneo ven de entrar en liquidación cun valor estimado de “Cero”. Pero moito ten chovido sobre mollado no tempo no que os galegos coidabamos ter unha serie de caixas de aforro meritorias e de gran valor, supoñendo que coas fusións ían adquirindo robustez e firmeza, ata chegar ao momento actual no que a crise como vento que arrasa todo ten feito tábula rasa das nosas máis emblemáticas institucións económicas.

Investimentos fallidos, alegrías económicas coa propiedade colectiva, consellos de administración onde os conselleiros non aconsellaban, produtos tóxicos ofrecidos aos clientes como totalmente seguros... descontento, desánimo e incredulidade por parte de milleiros de galegos que coidaban ter punto firme de referencia no seu aforro e na súa administración.

E os novos rectores da nova entidade piden publicamente perdón, aínda que non sexa posible un “suma a segue”. E de paso, aseguran que pedirán responsabilidades aos anteriores directivos no caso de que deban pedirse e acatan e acatarán as sentencias xudiciais que obriguen á devolución aos clientes dos investimentos en “preferentes “, eses produtos de moi dubidosa estirpe.

A Caixa, pide perdón. E aínda que nada volva ser igual, e ninguén nos devolva a sona e os bens colectivamente arrasados, que sexan as autoridades competentes as que anden na percura da Caixa perdida, e deámoslle un voto de confianza aos novos xestores que, cando menos, saben baixar a cabeza para - no nome da entidade - pedir perdón polos erros pasados.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania