E logo din que o fletán...
Editorial - viernes, 04 de marzo de 2005
Queda lonxe o tema, pero aínda gardamos memoria daquela guerra do fletán, unha guerra de nervios, estratéxica, comercial, pirata que o Canadá e España sostiveron hai dez anos, cando o país americano do norte secuestrou un barco galego chamado Estai.
Enterámonos entón que o fletán negro era un tipo de pescado, quizais de segunda clase, pero bastante estimado, ó que os nosos barcos ían, pescando en augas ás que tiñan todo o dereito por ser internacionais.
Pero Canadá non opinaba o mesmo, e a guerra estalou. E xa se sabe o que pasa con estas cousas, que os agresores -por moito que retrocedan- sempre quedan máis adiante do que estaban ou debían estar.
O tema foise esquecendo, ata agora mesmo en que o Sr. Bartleman, asesor do entón primeiro ministro canadiano, Jean Chétrien, ven de publicar nas súas memorias que Canadá tiña preparada unha declaración de guerra -a de verdade, a incivil - a España polo conflicto da pesca do fletán negro, xa que os medios militares canadianos estaban preparados para varrer do mar á flota de pesqueiros galegos e ós barcos da armada española que os
protexían.
Non encaixa co tempo no que vivimos -aínda que sexa dez anos atrás- que un país democrático se planteee atacar militarmente a outro para defender posturas de tipo económico.
O caso é que a postura de forza de Canadá deulle excelente resultado, e España acabou aceptando todas ou a maior parte das súas condicións, e na actualidade o Estai -que agora se chama Argos Galicia e anda a pescar calamar perto da Arxentina- aínda está pendiente de que a empresa armadora sexa indemnizada polo secuestro e impedimento de traballar de hai dez anos.
Independentemente do precio que alcance o fletán no mercado, por moi caro que sexa, nunca compensará os trastornos que hai dez anos ocasionou ós pesqueiros galegos.
Coas dificultades do mundo do mar, ningún pescado é caro se temos en conta tódolos factores que inciden no proceso da súa chegada á nosa mesa. Aínda que non teñan os riscos guerreiros do fletán. Pero eso son problemas maiores que sobrepasan o que as mentes normais poden imaxinar.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora