O Carme e a Salve
Fernández, Suso - lunes, 16 de julio de 2012
A festa do Carme constitue a mais expresiva manifestación das devocións colectivas dos focegos. Cada ano, chegado o 16 de xullo, Foz imprégnase dese hálito emocional que emana da figura sublime da Virxe do Carme, excelsa Patrona dos mariñeiros. A impresionante imaxe venerada na igrexa parroquial, que se eleva salvadora sobre escena de tráxico realismo, atrae hacia Ela a atención fervorosa de quen coñecen da fraxilidade da vida do mar e acaso no mais recóndito do corazón mantén viva a chama dunha fe que ten por Norte á Estrela dos Mares.
Os actos relixiosos centran a festividade e configuran toda unha declaración de pleitesía; e terra, mar e aire únense para cantar de consuno á Nai do Divino Amor. Soan as sirenas dos barcos, vibran as voces que entoan a Salve Mariñeira e as rúas engalánanse coas artísticas alfombras que requeriron o traballo entusiasta de homes, mulleres e nenos que rivalizan noblemente no afán de ofrendar o mellor do seu esforzo e da súa maxinación á Virxe que, trunfante, será paseada polo multicor e mol céspede.
As emotivas vivencias dun pobo que ten no mar o protagonismo da súa historia, acadan o cenit coa interpretación da Salve que a mariñeiría cantaba dende os tempos da fragata Asturias (1859) e que, unha Orde de 16 de novembro de 1942 establecía como obrigada nos buques e dependencias da Armada.
O 21 de decembro de 1870 estreábase no madrileño Teatro da Zarzuela a titulada El Molinero de Subiza, de Luis de Eguilaz e Cristóbal Oudrid, que ten unha escena na que, ó sair a procesión, solistas e coro cantan Salve, Estrella de los Cielos
, Anos despois éstes convértense en mares e así nace a Salve Mariñeira. O arreglo musical débese ó Músico Maior de Infantería, Camilo Pérez Monllor. A letra soe sufrir pequenas modifcacións ó interpretarse en distintos lugares, pero en Foz cántase tal e como figura no arreglo musical
De tu pueblo, / a los pesares /tu clemencia dé consuelo./ Fervoroso llegue al cielo / y hasta ti nuestro clamor

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora