Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Que se jodan!

lunes, 16 de julio de 2012
Aínda que nesta casa fuximos de expresións malsonantes, o que se di no Congreso dos Deputados ben pode e debe ser reproducido sen que se nos suban as cores aos que non facemos máis ca reflectir o acontecido.

A institución – e o edificio- chamada a ser cámara de resonancia das inquedanzas e problemas dos españois ten acollido na súa longa etapa de servizo ao público ecos da máis diversa índole, figurando entre os máis rechamantes os disparos dos golpistas que na tarde do 23F, de infausta memoria, tabletearon para facer sentir a razón da forza aos representantes populares alí reunidos.

Que as Súas Señorías se alporicen e fagan oir expresións desusadas e mesmo malsoantes, depende do fragor do combate verbal e da educación dos Pais da Patria, que ás veces pode deixar que desexar. Como a desa señora Deputada que cando o Presidente do Goberno fixo oir as previsións para reconducir a economía do país, e no rebumbio que se adoita a formar en momentos críticos, deixou escapar a expresión que figura máis arriba, e coidamos non fai falla reproducila outra vez.

Referírase aos afectados polas medidas económicas a tomar, ou aos desbocados deputados da Oposición – como os do Grupo de Goberno-, agora e sempre, case é o mesmo. Usar esa expresión por parte dun representante do pobo, precisamente alí, quizais non sexa motivo da súa dimisión, pero produce de facto unha inhabilitación moral que a acompañará toda a súa vida parlamentaria.

Que disfrute desa vida que non merece, do mesmo xeito que a institución á que pertence non merece unha expresión parlamentaria así.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania