Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mañás de silencio

lunes, 16 de julio de 2012
Estoupa a bomba. Racha o silencio. Quero rebentar nunha trincheira do monte Medo. Pero unha matogueira de piornos serve de acocho para que o inimigo non me vexa. Chora o salgueiro. Berra a laverca. E o lobo oulea por entre os recunchos da memoria.

Foi alá, en Sudalomba, cando nunha noite pecha o medo meu loitou contra a fame del. Por unha vez, gañou o medo. Racha a bomba. Estoupa o silencio. Un pequeno formigueiro é unha cidade inmensa na que milleiros de habitantes saben moi ben o que facer. Chora a laverca. Berra o salgueiro.

Deixo de golpear a este coa vara aguillada para que nin berre nin chore. Mañás de silencio no monte Medo. Memoria nos berros de silencio.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania