Centrais de compras
Editorial - viernes, 13 de julio de 2012
O Goberno da Nación vai crear unha central de compras para toda a administración, co fin de unificar proveedores e calidades á vez que se consigan os mellores precios. E pola súa parte, a Deputación Provincial de Lugo anuncia a creación dunha central de compras para os concellos lucenses, para poder conseguir suministros unificados e a mellor precio daqueles productos que demanden os concellos que se sumen a esta iniciativa.
Ámbalas dúas iniciativas están en liña coa política das institucións de reducir gastos e, no caso da corporación lucense, tamén de poñer en valor a actividade da institución como apoio e respaldo aos pequenos concellos. E a actuación destas centrais de compras producirán innegables beneficios para os que se
acollan a estas iniciativas.
Pero desaparecerán os proveedores locais, os de toda a vida, os pequenos empresarios especializados en determinados temas que proporcionan servizos e crean postos de traballo. Unificaranse os proveedores e desaparecerá un tecido local valioso, con características propias e servizos variados, en beneficio duns poucos grandes empresarios. Os pequenos perderán en beneficio duns poucos grandes.
Obteremos obterán as institucións- beneficios económicos indubidables. Pero seguirá a morrer a pequena iniciativa privada.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora