Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

"Códiche" Calixtino

viernes, 13 de julio de 2012
Deume moito noxo a “parafernalia” montada o domingo por mor da recuperación do Códice Calixtino, retransmitido pola televisión como se fose un partido de fútbol, discursos e palabras valeiras de contido, xestos de actores de terceira división e faces de expresións falsas.

Non entanto, con todo este circo aparecen dúas cousas que os medios pouco se preocupan e que saen ao descuberto: a facilidade con que o Manolo (O Chispas) apoderouse do Códice e a cantidade de cartos que levou.

Ollando por riba a Lei do Patrimonio Histórico Español, concretamente di: “ los bienes integrantes del Patrimonio Histórico Español deberan ser conservados, mantenidos y custodiados por sus propietarios o, en su caso, por los titulares de derechos reales o por los poseedores de tales bienes.
“ El incumplimiento de las obligaciones en la presente ley será causa de interés social para la expropiación forzosa...........”

Neste caso xa temos unha neglixencia grave por parte dos seus propietarios e tería que ser expropiado pola Administración para interés cultural e social.

En segundo lugar, é moi sorprendente que o Manolo (O Chispas) fixérase cun patrimonio importante de cartos roubado paseniño na Catedral. ¿Que quere dicir isto?. Pois aflora un diñeiro que por seguro Facenda non se da por enterada, por iso fágome a seguinte pregunta: ¿Que fai a Policía Fiscal para pescudar, non soamente nesta Catedral, senón en todas as que temos en España.

Coido que estamos ante un gran fraude fiscal da Igrexa, e nós, os cidadáns a pagar como santos a desfeita na que nos meteron os bancos e os políticos. Xa está ben de tanto consentimento por parte das autoridades políticas. A Transición aínda non chegou ás relacións entre Estado e Igrexa, cando a Constitución declara que ningunha relixión ten carácter estatal.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES