Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tantos por cento

jueves, 03 de marzo de 2005
O tema das porcentaxes foi de sempre materia de ensino para os estudiantes de arredor dos once ou doce anos, poñendo como exemplo comisións obtidas polos comerciantes cando vendían os seus productos, polos viaxantes como froito do seu traballo, ou na banca para aplicación ós máis diversos procesos: desconto de letras, rendibilidade de contas de aforro ou préstamos.

Porcentaxes que nos cretos chegaron a ser do 18 ou 20 por cento ó final dos anos oitenta, raiando a usura, e que nos últimos anos evolucionaron á baixa propiciando o investimento e o normal desenvolvemento das empresas.

Na actualidade, un 3% é un moi bo porcentaxe para aplicar como interese, e aínda pode ser un pouco máis baixo se se trata dun préstamo hipotecario para primeira vivenda.

Pero a actualidade non nos fala desas porcentaxes. Falando do 3%, todo o mundo sabe que se fai referencia á recente denuncia irreflexiva de Pascual Maragall sobre comisións presuntamente percibidas na anterior etapa de goberno catalán, denuncia que nunca se pode facer pública sen as correspondentes probas, porque aínda que "o falar non ten cancelas" as discusións políticas teñen as súas reglas e os seus límites.

A calquera nivel social - municipal, provincial, autonómico, nacional... - os rumores falan de comisións, de favores, de "pelotazos", de "cazo"... pero calquera estimación, xa non digamos denuncia, hai que demostrala.

Forman parte das lendas urbanas o caso de quen se di que non asinaba unha certificación de obra sen unha porcentaxe "razoable", o dun político que recibía o calificativo de "mister cinco por cento", ou a boa marcha económica dalgunha xente desde que se adica á política como profesión.

Pero, sen probas, nada hai que facer e menos que dicir.

A ver como sae Maragall do problema. A ver en que quedou o de López Veiga e as súas afirmacións de enriquecemento de políticos. A ver.

Mentras non haxa probas, o dos tantos por cento segue reservado para os préstamos, para os comisionistas, e para os comerciantes en xeral, perfectamente coñecidos e totalmente legais. Do resto, ou hai probas, ou haxa silencio porque "vox populi" pode ser "vox dei", pero estas cousas hai que demostralas.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania