Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un Parador para Lugo

jueves, 12 de julio de 2012
Todas as cidades Patrimonio da Humanidade ou cun monumento desta categoría teñen un parador

Lugo debería pedir unha instalación deste tipo

É evidente que o aumento da oferta, cousas para ver, e de aloxamento, ofrece a posibilidade de que a cidade deixe de ser lugar de paso para o turista e que se quede nela polo menos un día. Aínda que é raro que se chegue á ocupación total das prazas de hotel, na cidade de Lugo non temos aloxamento suficiente para organizar congresos ou calquera outro evento que reúna a un par de centos de persoas.

A organización deste tipo de eventos non se debe desbotar, sendo moi interesante para manter a actividade da hostalería ao longo do ano, fóra dos dous meses de verán, xullo e agosto, que sabemos que aumenta o turismo. Neste caso sería necesario o aumento da oferta. Pero con independencia diso habería que xestionar a creación dun Parador de Turismo co que contan todas as cidades que son ou teñen monumentos Patrimonio da Humanidade. Neste momento hai algún edificio idóneo para albergalo, pois outro antigo con posibilidades, actualmente sería imposible chegar a un acordo coa propiedade, anque non sería imposible dentro duns anos.

Unha decisión política

A experiencia demostra que a concesión e construción dun parador é unha decisión política. Así se fixeron os de Vilalba, Ribadeo, Portomarín e Monforte de Lemos, por certo o máis xustificado de todos eles, por estar nun área cunha riqueza patrimonial moi importante, foi o último en facerse e dun xeito pouco respectuoso cun edificio con historia e mérito sobrado. Houbo destruccións toleradas incomprensiblemente pola Xunta que tiña a obriga de impedilo.

O parador de Portomarín, foi un caramelo para mitigar o trauma da desaparición do antigo pobo baixo as augas do encoro de Belesar. Así que desapareceu por falta de clientela.

A xogada volveuse a repetir hai uns anos con Muxía con motivo do desastre do Prestige. Anos despois do tal parador pouco hai, pois aínda por riba os que o propuxeron no seu día, anularon o concurso de ideas para a elaboración do proxecto. E niso andan.
Se todas as cidades que son ou teñen un monumento Patrimonio da Humanidade contan cun parador, ¿por que non pedir un para Lugo agora que nos pasa o sol pola porta?

O frustrado parador na Tinería

En 2001 o alcalde José Clemente López Orozco encargou a un equipo a elaboración dun proxecto para optar a fondos do Mecanismo Financeiro do Espazo Económico Europeo. Segundo Orozco o proxecto contaba co visto e prace do Ministerio de Economía e concorría no apartado de Defensa do Patrimonio Cultural e Renovación urbana. Pretendíase adquirir o Pazo de Orbán e cinco casas da mesma mazá para destinalas a un parador. Pero aquilo acabou como o conto da leiteira porque o Goberno central e o do concello non eran “amigos”. O alcalde debería aproveitar agora a coincidencia de que os gobernos central e provincial son da súa cor política para solicitar esta infraestrutura para a cidade.

As propostas do PP

Dun parador tamén falou no seu día Cacharro Pardo, anterior presidente da Deputación, que, pensando nun destino futuro para o Hospital de San José, despois do traspaso ao SERGAS e o traslado dos servizos ao novo hospital, propuxo facer nel unha instalación hostaleira deste tipo. Solucionado o traspaso desta institución sanitaria, o actual presidente Xosé Ramón Besteiro busca ideas para un novo uso do edificio. Pois para un parador non é un mal emprazamento se temos en conta que non todos están en edificios histórico-artísticos, engadíndolle un aparcamento subterráneo. A min sérveme, aínda que pode haber outras posibilidades.

Hai tempo, Joaquín García Díez propuxo destinar o Cuartel de San Fernando a un parador, cuestión coa que eu estaría totalmente de acordo se non estivese xa decidido dedicalo a Centro de Interpretación e Museo da Romanización de Galicia. Como cidadán eu teño que cualificar esta proposta como ganas de enredar e como unha deslealdade ao pobo de Lugo. Os políticos adoitan sucumbir á tentación de pensar máis nos seus intereses partidarios que no beneficio público, aínda que nos queiran facer ver o contrario, facendo propostas desde a oposición que nunca farían se estivesen no poder.

Cando se propuxo situar un parador na Tinería, o entón portavoz do grupo municipal do Partido Popular, Ramón Arias, non considerou adecuado o emprazamento aducindo dificultades para acceder con coche. Pero esas dificultades tamén as teñen outros paradores e están funcionando. Máis ben parecía que se trataba de negar validez a unha iniciativa do grupo de goberno.

Así que no canto de remar todos a un tempo para favorecer o desenvolvemento do turismo na cidade, pomos paos nas rodas para dificultalo. García Dez deu a impresión de que intentou sacarlle un morto aos seus que agora están na Xunta, e pasarlle a pataca quente aos outros que mandaban en Madrid dos que dependen os paradores. Pero ben se veu que iso é pan para hoxe e fame para mañá, porque afortunadamente o poder é alternante, e o que agora é dos meus mañá pode ser dos outros e viceversa.
De Abel Vilela, Adolfo
De Abel Vilela, Adolfo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania