Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Misas ledas

miércoles, 11 de julio de 2012
Co paso dos anos, a monotonía, a acomodación, o que era a primeira celebración do catolicismo convertiuse nunha repetición que cada vez di menos a quen nela participa.

A ninguén se lle escapa que nas celebracións diarias ou semanais das parroquias rurais ou urbanas hai cada vez menos xente nova, e só os maiores acoden de xeito especial a unha ceremonia que debera ser básica na vida diaria de cada crente.

E nesto, que o bispo de Solsona, o máis novo de España, que propón aos cregos do seu bispado reducir o número de misas nas parroquias grandes, unificalas nas pequenas, e rematalas de cando en cando cunha comida fraterna e cunha convivencia. Dito así, parece unha volta aos comezos, cando a comunión representaba unha vivencia en común, participación compartindo, xuntanza viva para sentirse vivos nunha mesma crenza.

O bispo mozo de Solsona abre un tempo novo na súa diocese para facer revivir pobres, frías e aburridas misas. Moi posiblemente, as súas palabras han preocupar á xerarquía elesiástica, e aos que están conformes coa situación actual. Pero para os que pensan que a igrexa ten que aggiornarse, facerse Pobo de Deus para mellor servir ao pobo, o bispo de Solsona ven de poñer o dedo na chaga.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania