Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Empregados públicos

lunes, 09 de julio de 2012
A gran ventaxa do funcionariado e dos empregados públicos en xeral é o dereito ao seu posto de traballo, que compensa calquera outra carencia. Así, quen traballa para unha administración ten a garantía da permanencia, por riba de gobernos e alternancias no poder.

A noticia de que se pretende “adelgazar” a administración, as administracións españolas, nunha cifra de arredor de cen mil traballadores, provoca inquedanzas no colectivo, aínda sabendo que o tema non vai afectar aos que teñen a súa praza en propiedade, conseguida a través dun proceso de selección público.

O funcionariado non se pode ver afectado por unha decisión así, alomenos os funcionarios que accederon ao seu cargo polas oposicións ou concursos convocados ate agora. Se os seus dereitos van cambiar no futuro, deberá preverse legalmente para as próximas promocións de traballadores da administración.

Os que agora ven perigar o seu posto de traballo son os que non o teñen en propiedade, os interinos e os eventuais, mesmo os contratados laborais, que non teñen garantida a súa permanencia, e que no seu acceso ao posto de traballo non se deron as circunstancias precisas para convertilo en funcionario ou categoría similar. Como nesta situación non funcionaríal existen en España máis de oitocentos mil traballadores, nese sector é onde hai que centrar os problemas e as inseguridades.

Afecta, pois, ao colectivo de traballadores onde rexe maior discrecionalidade no acceso, onde os políticos teñen exercido máis o seu poder para incrementar traballadores, onde se ten forzado de xeito máis decidido o criterio de acceso ao traballo na Administración. Os empregados públicos que accederon ao seu posto de traballo de xeito directo sen as probas dunha oposición regulamentada legalmente, sentirán o peso dunha crise que xa existía no momento da súa entrada na Administración, pero que ate agora non se manifestou en toda a súa crudeza.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES