Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As festas da Ribeira

lunes, 09 de julio de 2012
Á miña muller Maika,
no día do seu santo.

No carabeliño de festas do que disfruta a nosa bisbarra, teño especial agarimo polas festas da Ribeira. Sábelo de sempre. Non me importa, aínda que o boto de menos, o esplendor doutros tempos; nin tampouco que só vaian uns poucos románticos a agradecerlle á Virxen do Carmen -en Viveiro chámase así- as axudas recibidas pola su intersección; nin siquiera que non boten tantas bombas de palenque coma antes.

Tampouco boto de menos, porque comprendo a evolución sufrida polo querido barrio mariñeiro, que non toquen as orquestas, as veces moi boas, que viñan na nosa mocedade. A mín chégame, e non só chegame, senón que me enche fondosamente, escoita-los tres irmaos Píndaros interpretando cancións tan fermosas como “la hiedra”, “Reloj”, “Siboney “ou os “nosos” “Mi viejo san Juan” ou “Borinque”. Por non falar de outras moitas máis galegas coma as poéticas seleccións dos Tamara, nas que son especalistas os músicos en cuestión. Alí, na sesión vermouth, sentadiños na terraza do bar da Ribeira, síntome disfrutar coma un neno que pescou por primeira vez un cangrexo. Son os fermosos intres da vida, escasísimos durante todo o ano, nos que un trata de esquecer a prima de risco e todas isas cousas desagradables que de cotío nos proporcionan os medios de comunicación.

Son intres, cecais os únicos do ano tamén, nos que un bebe un vermouth e trata, se non hai alguén que llo estorbe, que dises hai máis que de sobra, de disfruta-las letras das cancións. Entón un sinte que o reloxo marca o intre e non quere perdelo, que o seu amor medra coma a hedra e amarrase coma a ila a ti, e que tamén comprende aquelo que poido sentir o portorriqueño Javier Solís cando fala dos soños de neno e que non poido volver o seu Borinque querido. E un recorda a moitos que lles pasou o mesmo, que se foron e non volveron a disfruta-lo que nos temo-la fortuna.

Tamén decátase que aqueles soños só foron soños, hoxe con canas. Son os froitos de sementar tantas ilusións E, aínda sabendo cal é a colleita, un síntese mariñeiro e labrego e ara ise mar de ollos azuis na procura non sabe ben si dunha sardiña si dunha sirea. Son soños con sabor a mar diste mariñeiro de barco de papel. Soños garimosos, tenros nacidos para todos aqueles os que o mar curte, embellece, agarima e ata se convirte no seu cadaleito. Homes sinxelos, rudos, traballadores, tenros…que apagan o seu pesar con un chiquito e unha canción. Cirrosis na ialma temos algún de tanto querelos porque alí se atoparon e atopan os meus mellores amigos. Razóns claras para ser feliz na Ribeira.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES