Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O temporal

miércoles, 02 de marzo de 2005
En tempos moi lonxanos, falando do tempo climatolóxico e político (en privado, naturalmente) comentábase que "reinaba un fresco general procedente del noroeste".

O fresco (Este, climatolóxico) que reina estes días, que nos depara temperaturas de non sei cantos grados teóricos baixo cero, trae consigo ventos, xeadas, neves e tormentas que desacougan existencias e alteran o normal discurrir das nosas vidas.

Nas costas galegas, o temporal impediu sair algún día a flota de baixura. Tamén na costa, o temporal fixo aflorar de novo algúns resíduos de fuel que foron soterrados a finais de 2002, como unha lembranza de que o Prestige é unha pantasma que vai seguir acompañándonos durante moito tempo.

O Prestige é a pantasma que se ergue amenazante cando se fala do Plan Galicia, para xustificar que como directamente perxudicados por unha catástrofe merecemos tamén trato especial compensatorio dos danos sufridos.

Xúntanse, pois, temporal climatolóxico e político para de novo confluir no Prestige. E para máis complicación, a nova de que o P.P. vai utilizar o tema do Carmel en Barcelona de xeito que resulte un novo Prestige, esta vez para ser utilizado como un arma arroxadiza contra o Psoe.

O temporal arrecia. Do tempo climatolóxico, nada que dicir, que é imprevisible e incontrolable. Do tempo político, imprevisible e incontrolable tamén. Pero, coidado, porque os que sementan ventos case sempre colleitan tempestades.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania