O camiño do Local
Editorial - viernes, 06 de julio de 2012
Deberíamos ter claro cal é o camiño a seguir polo que se refire aos concellos galegos de cara ao futuro. Deberíamos telo claro, pero primeiro debería telo claro o goberno que tanto aboga hoxe porque se fusionen institucións municipais de pequenas dimensións como que se asocien para a prestación de servizos como logo arremete contra as unións existentes que deberán desaparecer.
A estas alturas desta historia interminable todos asumimos a necesidade de contracción de gastos xunto coa imposibilidade de expansión de ingresos, e polo que ós concellos se refire a necesidade de evitar duplicidades e do conseguinte reaxuste de competencias entre as diversas administracións. Pero coidabase que era interesante que os concellos se uniran par lograr entidades de maiores dimensións, e de xeito temporal ou parcial para a prestación de servicios.
Pois agora non vai ser posible esa unión, e das corenta mancomunidades existentes en Galicia, non vai quedar ningunha. Non é que todas teñan a mesma relevancia ou similar nivel de funcionamento, pero moitas hai que están prestando servizos que se consideran de interese e que agora están abocadas á súa extinción.
Se o Goberno non está dando paos de cego, paréceo. Se non está atopando máis dificultades infinitamente máis dificultades- que nun principio estimou, non se entende a situación. Porque o que non é posible é que o que hoxe sexa unha solución camiño da perfección, mañá mesmo no prazo dun ou varios meses- xa non valla.
O Camiño do Local, por agora é inescrutable. E non porque non haxa un camiño que seguir. Senón porque non se sabe cal camiño coller.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora