Anestesiados de felicidade
Cardalda, Theo - viernes, 06 de julio de 2012
DESDE O PREGUNTOIRO
Celebro que a selección vencera con todo o merecemento á selección italiana. Estupendo que nos fixeran gozar polo gran xogo desenvolvido. Non encanto, o sinto polos damnificados do terremoto que fai un mes tivo Italia no lugar de Emilia Romagna, xa que se houberan gañado a copa os italianos doarían os futbolistas as súas primas de 200. 000 euros.
Gústame o fútbol e congratúlome desta vitoria, non encanto, a chamarlle heroes xa entra no esperpento deste país. Os heroes de verdade son os que están loitando nestes intres contra o lume en Valencia, heroe é ese piloto que finou no intento de apagalo, por mor deses recortes na política forestal chegando ao grado de imprudencia temeraria. Vaia a miña solidariedade á familia do piloto que, seguramente non cobraba 300.000 euros (como os xogadores da selección) por loitar para salvar vidas e bosques; mentres o Sr. Presidente estaba no fútbol.
Heroes son os mineiros que están na loita defendendo os seus xustos dereitos; os que están sobrevivindo como poden sen ter traballo nin esperanza de telo; os anónimos que están a facer un traballo social altruísta e os que temos que aguantar impasibles a salvación da banca con billóns das antigas pesetas á costa do sufrimento da maioría dos cidadáns.
O Sr. Presidente mándanos a mensaxe dicindo que agora coa vitoria da selección os españois somos máis felices. Estamos anestesiados de felicidade pola subida da luz, gas, carburantes e o copago nos medicamentos, cousa que se fixo a partir do mesmo día que estaba xogando La Roja.
Que se pode agardar dun país que vótase a rúa en masa para celebrar unha vitoria deportiva, coa que está caendo, é non é capaz de saír para loitar polos seus dereitos. Coido que temos o que merecemos.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora