Códice
Editorial - jueves, 05 de julio de 2012
Galicia precisaba da tranquilidade de recobrar o Códice Calixtino, despois dun ano sen el.
A historia, a devoción, a tradición fixo deste histórico libro un elemento imprescindible para a Catedral, para Compostela, para todos os galegos, que temos nel un punto de referencia vital, tamén relixioso, de símbolo tanxible dun milenio de devoción e peregrinación ao Apóstolo.
Coidábase que o Códice non saíra de Santiago, que fóra roubado por alguén vencellado á Catedral, que o roubo estaba inspirado nalgún sentimento persoal ademais do puro beneficio económico que puidera derivarse da venda unha xoia invendible.
O Códice volve á súa casa, que é a nosa, despois de adquirir para todos nós un aínda máis relevante valor. Desde agora estará moito máis protexido, como merece, para evitar outras sorpresas desagradables. Desde agora será para Galicia como unha nova Arca da Alianza, revaluada, testemuña dos millóns de peregrinos a Compostela, crónica viva da vida na Catedral de Occidente.
Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora