Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Oración por Bernardo García Cendán

miércoles, 04 de julio de 2012
Señor:
Eramos centos os que queríamos a Bernardo e eramos queridos por el. Temos esa seguridade, porque Bernardo era un home que daba seguridade aos que estaban ao seu carón, contaxiaba humanidade, desprendía humildade. E paz.

Por iso, Señor, temos que darche gracias porque nos deches a Bernardo, e el déusenos a todos nós, que a súa era unha entrega permanente, duradeira, constante.

Gracias, Señor, porque cando unha persoa como Bernardo chega a ser o noso amigo, quedamos marcados para sempre, beneficiados para sempre, influidos polos seus xeitos, contaxiados do seu señorío, afectados polo seu benéfico influxo.

Bernardo foi un pacifista loitador, contra corrente, na defensa dos seus principios, das súas ideas, das súas crenzas. Moitas veces esas batallas eran contra forzas superiores pero sempre saiu vencedor porque a súa constancia, o seu tesón, facía del un resistente activo que resiste e gaña.

Só esta última batalla parece perdida, agora, pouco despois da despedida. Pero eso, únicamente, se atendemos ao aspecto físico da batalla e dos contendentes.

Puido o corpo físico de Bernardo perder este combate contra un enemigo traidor, cruel e despiadado. Pero unha batalla non importa, se se gaña a guerra. E a loita final tiña que gañala Bernardo, e del é o triunfo.

Todos agora somos testemuña da súa victoria. Porque non o teríamos presente se el fose un derrotado. Témolo presente para acreditar que, como Díaz Castro, chegou Bernardo “cos ollos abertos ao mencer” nesta loita final. E os ollos de Bernardo, con aquela miga de sorpresa, de ledicia, de curiosidade, de picardía, son as chaves para comprender a súa vida nova que agora comezou.
¡Felicidades Bernardo!, pola nova vida grande. A que todos desexamos. A que ti conseguiches despois de loitar toda a vida por un mundo –unha vida- mellor.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania