Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rexistro de inmobiliarias

miércoles, 04 de julio de 2012
Pensábamos que xa existiría un rexistro de inmobiliarias onde constase “quen é quen” neste mundo da promoción e comercialización de vivendas que agora leva a culpa de ser responsable da inmensa maioría dos males que nos aqueixan. E non debe existir cando a Federación galega de Empresas Inmobiliarias solicita a súa creación para profesionalizar esta actividade.

O certo é que a promoción de edificios para vivendas e comercios, actividade totalmente libre, foi un pozo sen fondo ata hai menos dun quinquenio, e no sector conviviron as grandes empresas especializadas coas montaxes máis improvisadas, os constructores cos aventureiros que viviron un tempo dourado que se fixo de ouro puro nos comezos deste século para caer estrepitosamente, ostensiblemente, hai agora catro anos.

O sistema que chegou a funcionar tiña moito que ver coas aventuras piramidais, e a bolsa da construcción foi medrando, coas incorporacións de espontáneos de última hora, ata que non foi posible que se sostivese en pé.

Agora abógase porque sexa unha actividade libre pero que se abra un Rexistro de inmobiliarias galegas como xa está en funcionamento ou en constitución noutras comunidades hispanas. Nunha sociedade coma a nosa na que todo está rexistrado, cronometrado, profesionalizado e controlado, de repente descubrimos que o sector máis importante, máis sensible, non está regulado. Alguén pecou de grave imprevisión neste terreo onde xa non se pode facer máis ca evitar similares errores no futuro.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES