Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Encontros e desencontros

martes, 01 de marzo de 2005
A vida humana está repleta de encontros e desencontros. A vida humana é unha loita, persoal e comunitaria, por nos atopar con nosoutros mesmos, cos irmáns, coa natureza, co mundo, con Deus...No fondo, un desexo de saciar a sede de paz e felicidade que non se atopa nas grandes áreas comerciais e/ou supermercados.

Non sempre os nosos encontros son positivos. Abondan tamén os desencontros, escuridades e mesmo encontróns. Disto fala o Señor neste tempo preparatorio da Pascua. Segundo a fe cristiá Deus creou libre a persoa humana para que (na súa medida) poda elixir entre o ben e o mal. Saber discernir non é doado ante tantas inclinacións e limitacións que envolven a nosa débil condición temporal. Vivir en responsabilidade e coherencia é a nosa tarefa. Tamén o noso reto.

O Pobo de Israel andou entre fermosas fidelidades a Deus (Abrán, profetas, Moisés...) e grandes infidelidades. Mesmo provocacións. Lémbranolo o Éxodo. Despois de ser liberado da escravitude, no canto de amosar o seu agradecemento, tenta xustificar a súa rebeldía culpando ó propio Deus: "¿Por que nos sacaches de Exipto para facernos morrer de sede, no deserto, a nós, ós nosos fillos e ós nosos animais?. Está ou non está o Señor connosco!?"

Algo semellante acontece na sociedade. E na Igrexa. As mesmas incoherencias e argumentos tentando implicar a Deus nos nosos egoísmos, erros e/ou intereses. Uns piden contas e outros manipulan. Velaí recentes encontros (desencontros!?): Norte-Sur, Oriente-Occidente, Israel-Palestina, Foros Social-Monetario (Países ricos-pobres), EE.UU América-Europa, Buhs-dirixentes europeos...xogando a ser amos do mundo, pasando páxina guerra Iraque (xa non se fala dela), sen asinar Protocolo Kioto e reafirmando OTAN, armas,...Que dicir dos partidos políticos?, dos parlamentos?, da nosa Igrexa-Goberno?. Non estamos nin en mínimos.

A nosa resposta (humana e cristiá) ten de vir dos principios e valores que Xesús reflicte no seu encontro coa samaritana. Aquela anónima muller é o símbolo da sociedade actual, chea de cousas, de consumo, de medios técnicos...pero sedenta e famenta de paz, de amor, de harmonía, de equilibrio entre persoas, de esperanza, de felicidade...Polo camiño do egoísmo e o consumismo non somos quen de mudar esta sociedade que precisa de razóns fortes para vivir, en dignidade.

A esta nosa xeración correspóndelle o labor de saír ó encontro das persoas para xuntar, dialogar, traballar e construír ese mundo mellor que todos/as esperamos. Ó xeito de Xesús. Coa escoita, acollida, busca da verdade. Sen exclusións.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania