Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Horario de verán

martes, 03 de julio de 2012
Á administración galega – a todas as administracións- fóronselle da man diversos temas relativos aos funcionarios, que agora van ter que reaxustar, e xa o están facendo.

Cando o Ministro Moscoso dispuso que varios días ao ano os funcionarios pudieran estar libres para atención de temas personais, entronizáronse os “moscosos” como de libre disposición. Que “na Galega” incrementáronse chegando a ser na práctica o doble para os funcionarios con certa antigüidade no servizo.

En canto ao horario de verán, democrática conquista que ata hai uns anos tiña vixencia durante un par de meses como máximo pasou a ser de tres meses nos últimos tempos, discutíndose agora se era procedente ou non nestes tempos que vivimos que se seguise con esta fórmula.

A decisión de reducir en quince días esta vixencia do horario especial de verán non conta en principio coa bendición sindical, pero non é máis que volver á situación de hai catro ou cinco anos, que a xornada veraniega duraba bastante menos ca o verán oficial.

Non é que un horario permita traballar máis ca outro, que o que quere aproveita o tempo organizándose de maneira que a atención ao público non se resinta. Pero, eso sí, é unha medida de cara á galería, na que recortar algún dereito adquirido polos funcionarios sempre senta ben, sen darse conta de que o problema non está no horario nin nos funcionarios. Está moito máis arriba.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES