Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ramón Sampedro

martes, 01 de marzo de 2005
Cando xurdiu a noticia de que Alejandro Amenábar estaba a traballar nunha película sobre Ramón Sampedro, moitos galegos pensamos que o tema era demasiado truculento para ser abordado nun filme dirixido por un non galego, e que o resultado ía ser unha historia lacrimóxena, incardinada no máis profundo cine negro.

Cando, confeccionada a producción, se estreou a película en Galicia, moitos galegos pensamos que pouco nos podería enseñar un filme que recreaba a historia do tetrapléxico que quería morrer sen que a Lei e a sociedade llo permitisen; a vida dun solitario que á beira do mar renunciaba a unha vida que el coidaba non era vida, ata que conseguiu fuxir deste senvivir.

Afortunadamente, eses moitos galegos acudiron ve-la película "Mar adentro" e quedaron impresionados polo galeguismo e humanidade que Alejandro Amenábar soubo imprimir nunha aventura que coidabamos frustrada dende antes do seu comezo. Con Alejandro (32 anos), Ramón Sampedro gañou a sona que os galegos non lle demos -ou non lle demos abondo- no seu momento. Con Alejandro, Ramón Sampedro subíu ó escenario dos Premios Goya.

Con Alejandro, Ramón Sampedro acadou a transitoria gloria mundial dos Premios Oscar, ó ser considerada a mellor película extranxeira do ano -nos Estados Unidos- a cinta que lembra que unha vez houbo un galego tetrapléxico que aínda vivindo en Galicia quería morrer porque aquela vida non merecía a pena.

Con Alejandro, Ramón Sampedro viviu de novo, para nunca máis morrer.

Aínda coñecendo a vida de Ramón Sampedro, ¡que gosto entrar na nova vida de Ramón Sampedro da man desa nova familia que lle naceu para entrar
na historia da séptima arte!.

¡Felicidades, Amenábar!. ¡Felicidades, Ramón Sampedro!. E por moitos anos. ¡Por sempre!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania