O descanso da nugalla
Rivas Delgado, Antonio - lunes, 02 de julio de 2012
A terraza da cafetaría Aitana 39 está practicamente a tope. A verdade é que o tempo climatolóxico está para terrazas. Terrazas das que fan exclamar que non hai crise; precisamente por iso, por estar cheas de xente.
Aínda que as crises non sempre se ven polas economías das terrazas. Cun simple café, ou o que é o mesmo, con tan só un euro podes estar nunha terraza unha mañá ou unha tarde enteira. A crise non se mide por aí.
Polas terrazas o que podemos medir é, en tal caso, o tempo libre. Nunha terraza adoitas botar máis tempo ca nunha barra. Hoxe, o que toma algo na barra é porque ten présa. Mentres que, a terraza é o descanso da nugalla.
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora