Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Etiquetados en galego, por favor

lunes, 02 de julio de 2012
O próximo día 7 de xullo constituirase a Irmandade Galega de Adegueiros como unha sección dentro do Foro E. Peinador. Un novo paso no camiño iniciado hai anos para galeguizar a economía. Mais isto non será posible sen que os consumidores participen activamente neste proceso.

En Galicia hai unha ampla franxa social que se identifica coa nosa lingua, participando de distinto xeito no seu fomento e normalización. Os máis deles forman parte do tecido socio-cultural, sindical e partidario. Todos eles, en distinto grao, participan en manifestacións solidarias e contribúen ao mantemento das industrias culturais, nomeadamente ás editoriais.

Tal densidade de poboación supón un soporte importante para o mantemento da nosa cultura. O Foro E. Peinador considera que o futuro da lingua galega precisa introducirse nos espazos da economía, e neste sentido vén traballando arreo. Unha boa mostra é o pulo que lle demos á galeguización da etiquetaxe dos nosos viños e doutros produtos agroalimentarios.

No que fai aos viños os datos son reveladores da receptividade do sector vinícola: en 2003 había ao pé de 12 adegas etiquetando en galego; nove anos despois, o número incrementouse: hoxe son preto de 197 o número de marcas nas que xa campaña a nosa lingua. O máis importante é que eses envases están nos mercados internacionais, divulgando a nosa lingua.

VIVIR COMO GALEGOS GALEGUIZADOS

Consideramos que chegou o momento de facer un chamamento aos milleiros de galegos e galegas para que practiquen un consumo responsable, apoiando aos adegueiros e empresas agroalimentarias que etiquetan na nosa lingua. Se queremos mos, podemos. Velaí a resposta da nosa forza.

O Foro E. Peinador entrevistouse con todos os sindicatos -obreiros e agrarios- e envioulles aos partidos políticos esta proposta de apoio, solicitándolles que se sumen a ela sen ambigüidades. Suxerímoslles que a mellor maneira é enviando circulares aos seus militantes e afiliados para que comprenda a importancia de modificaren os seus hábitos de consumo, elixindo produtos e establecementos de comercialización que se identifiquen coa nosa cultura e lingua, compensándoos pola súa aposta a prol da normalización lingüística.

CONSUMO GUSTOS ETIQUETADOS EN GALEGO

O 25 de xullo -Día da Patria Galega, Día de Galicia- pode ser unha boa data para escenificar o cambio nos hábitos de consumo que propoñemos. Será un día de exaltación dos valores patrimonias de Galicia.

O Foro E. Peinador, como noutrora o fixeran as Irmandades da Fala e o Partido Galeguista, queremos dirixirnos aos galegos e galegas para que consuman produtos galegos nestes momentos de crise económica; pero preferentemente produtos galegos etiquetados na nosa lingua. Velaí porque eliximos este este enunciado publicitario: CONSUMO GUSTOS ETIQUETADOS EN GALEGO.

Para que ese cámbio de hábitos nos consumidores de militancia galeguista se produzan cómpre crear un estado de opinión favorable a través dos medios de comunicación. Por iso facemos un chamamento a todos os colaboradores/as das páxinas de opinión dos xornais que se editan en Galicia para que se sumen a este chamamento amplificando o eco deste chamamento.

O 25 de xullo é unha boa oportunidade para instar a este chamamento. A demanda debe responder á oferta cunha petición amable e rotunda á vez: “Etiquetados en galego, por favor!”.

Agradeceríamos a túa participación.

Asinado: Xosé González Martínez. PRESIDENTE DO FORO E. PEINADOR
González Martínez, Xosé
González Martínez, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania