Fiscalizar
Editorial - viernes, 29 de junio de 2012
Quizais é verdade eso de que nunca é tarde se o resultado e bo. Pero ninguén pode resucitar a un morto; e neste caso as caixas galegas están feridas de morte.
A lentitude da xustiza tense argüido como ventaxa e como desventaxa. Ventaxa porque esa lentitude permite respectar tempos e procesos de maneira que nunca se obre con imprevisión. Desventaxa porque cando rematan algúns procesos xudiciais o problema puido deixar de existir, e non porque se solucionase.
En toda España, en Galicia tamén, existía un xeral clamor de que a Xustiza investigase o que pasou nas nosas caixas para chegar á lamentable situación existente. E unha tamén xeral decepción porque ningunha instancia tomase cartas no asunto.
Agora e agardamos que non sexa demasiado tarde- a Fiscalía especial contra a corrupción presenta unha querela contra persoas que tiveron altos cargos de responsabilidade nas entidades galegas tendo como punto de mira as prexubilacións que tanto malestar teñen provocado.
Que a Xustiza decida no que tan chamativo insultante resulta para quen traballa toda unha vida para conseguir unha xubilación mileurista. Así saberemos a que aternos: se esas xubilacións e indemnizacións multimillonarias son o máis normal do mundo, ou unha desmesura que ninguén normal pode avalar.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora