Uned senior para tódolos maiores
Rodríguez Patiño, Luis Ángel - viernes, 29 de junio de 2012
UNED SENIOR PARA TÓDOLOS MAIORES DA GALICIA RURAL
¡AVISO PARA TÓDOLOS GALEGOS E GALEGAS NACIDOS NA PRIMEIRA METADE DO SÉCULO XX!
Se naciches calquera día de calquera ano antes de 1960 en calquera aldea ou vila de Galicia e queres seguir aprendendo, reúnes todalas condicións para ser alumno/a da Uned Senior.
Non importa os estudios que teñas, nin o oficio ou profesión que desempeñaras na túa vida laboral. Só necesitas ter ganas de aprender aínda moito máis do que sabes.
Pon a túa inquedanza en coñecemento das autoridades para que abran unha aula da Uned-Senior cerca da túa casa.
Así o fixeron os da Uned Senior de Xestoso fai uns anos e hoxe contan con aulas en Xermade e Guitiriz na provincia de Lugo e utra tantas nos concellos de Aranga, Monfero e Paderne, na provincia de A Coruña.
No teu concello, tamén pode haber unha aula da Uned Senior onde poidan aprender moitas cousas a un prezo moi módico e asequible a calquera peto, as persoas maiores de 55 anos.
Se precisas asesoramento, a Uned Senior de Xestoso está disposta a ofrecercho con moito gusto.
Agardamos noticias.
UNED-Senior de Xestoso
Monfero
A Coruña

Rodríguez Patiño, Luis Ángel
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora