Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Recortar soldos públicos

jueves, 28 de junio de 2012
O Fondo Monetario Internacional recomenda ao Reino de España que recorte os soldos públicos, e aquí todos entendemos que hai que rebaixar os soldos dos funcionarios, punto de mira de todos os que se consideran damnificados pola rabiosa crise actual.

E posiblemente non haxa que intepretalo dese xeito, porque os funcionarios teñen uns soldos reglados, regulados, de acordo cos seus servizos e especialidades, e o seu retoque pouco pode supoñer dentro das contas do Estado, ademáis de ser unha soberana inxustiza.

Cando a economía está boiante, os soldos privados van por diante dos soldos públicos, e ao revés cando as cousas se torcen, pero eso non quere dicir que os funcionarios sexan uns privilexiados. E sen embargo utilízase ese argumento, como arma demagóxica, diante dunha opinión pública que pensa que “funcionario” é somente o administrativo que recibe os seus papeis na “ventanilla” máis próxima.

O que seguro quere dicir o Fondo Internacional, teña ou non teña toda a razón na súa observación, é que hai que recortar os soldos públicos que se pagan neste maremagnun político-administrativo organizado os últimos ans onde cada político se convirte nun funcionario ben pagado, algúns moi ben pagados, que son os que desequilibran a balanza.

A función pública tiña outrora uns criterios firmemente establecidos para o acceso de traballadores e funcionarios, criterios que se teñen reblandecido – por decilo eufemísticamente- para que poidan acceder persoas de toda condición, que convén acomodar, co que todas as administración teñen agora unha tremenda inflación funcionarial, laboral ou coa denominación que se considere axeitada, que constitúen un peso excesivo nun mercado paralizado pola situación actual.

Eso é o que queren dicir as institucións europeas, e eso é o que di o sentido común. Pero xa se ten dito, e con razón, que “o sentido común é o menos común dos sentidos”.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES