A solución non é subir
Editorial - miércoles, 27 de junio de 2012
Non todo depende de subir impostos, que pode ser contraproducente se esta subida repercute de xeito directo nos que non teñen capacidade para consumir máis, nin polo tanto de gastar máis.
Esto é convinte telo en conta á hora de subir o Imposto de valor engadido no que o Presidente do Goberno non parece estar moi decidido a pesar de que de instancias europeas superiores lle indiquen que é unha medida indispensable.
Subir o Ive cinco puntos do 18 ao 23 por cento- pode ser catastrófico polo resultado na actividade comercial diaria coa conseguinte reducción de negocio, fomentándose máis aínda a economía sumerxida nun momento no que coma sempre- o ideal sería que afloraran todas as actividades comerciais para mellorar o panorama das nosas relacións empresariais e con Facenda.
A experiencia portuguesa de aumentar o ive ata ese nivel que aquí se especula parece que resultou catastrófica, especialmente para os pequenos comercios, co que coa nova porcentaxe se recauda menos que na anterior situación, sendo polo tanto peor o remedio que a enfermidade que se pretendía atallar.
Ollo coas subidas, que estamos experimentando en diversos ámbitos. Non é ese o camiño. Ou alomenos non o é como non haxa outras medidas radicais que animen o mercado e ilusionen ao persoal.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora