Debates sobre o Estado
Editorial - martes, 26 de junio de 2012
Andan os políticos revoltos arredor dun debate, polo si ou polo non, sobre o estado da Nación.
O Partido Popular, coa súa maioría aboluta a escala nacional, considera que este ano non é preciso este debate tendo en conta o pouco tempo que leva o goberno no seu labor, e aínda queda moi preto o debate de investidura. A oposición pensa o contrario, e considera que tal como está o panorama un debate é absolutamente imprescindible para seguir adiante.
É posible que a oposición tivese razón se o debate se establecese entre economistas, sociólogos, xuristas e outros diversos especialistas que puidesen facer unha radiografía intelixible e serena sobre a marcha do país, pero a verdade é que a estas alturas supoñer que os razonamentos das Súas Señorías sobre o estado da situación poidan valernos para algo é o colmo do optimismo.
Que o Presidente do Goberno fala pouco, é verdade. Pero posiblemente tampouco teña moito que dicir cando comproba que todas as súas receitas económicas e sociais son tragadas polos mercados e a crise sen a máis mínima reacción favorable. E poñerse a debatir a estas alturas, cando ao PP non lle saen as contas pero o PSOE tenas máis descabalgadas aínda na súa etapa de goberno, parece querer tranquilizarnos con cantos de serea ou contos de medo.
Os debates do Estado, de calquera tema, chegan tarde. Ou todos empuxan na mesma dirección, sen palabras mais ca para animarse, ou calen para sempre, que pouco nos poden dicir que non saibamos.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora