Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pisos a 19.900 euros

lunes, 25 de junio de 2012
Sabemos que en Galicia hai miles de pisos sen vender, tanto nas cidades como nos núcleos costeiros, froito da imprevisión e falta de control que precedeu ao estoupido da burbulla inmobiliaria.

O tema viña de moi atrás, e nas cidades galegas falábase do elevado número de pisos baleiros, mercados para especular ou simplemente para inversión de cara ao futuro.

Eran lexión os emigrantes galegos no exterior que mercaban pisos onde recalar no momento da xubilación. Como lexión eran os galegos que mercaban pisos en plano sabendo que seis meses despois poderían vendelos cunha rendibilidade mínima dun par de millóns de pesetas. E non importaban os pisos baleiros, que se supoñía era o máis natural dada a aceleración do mercado inmobiliario.

A situación agora é moito máis apremiante con milleiros de pisos por vender, tendo tanta urxencia os particulares ou empresarios promotores por desfacerse da súa inversión como as entidades bancarias que se viron abocadas a facerse cargo de iniciativas inviables.

Unha destas entidades- o Banco Santander- pon á venda no maltratado urbanísticamente concello lucense de Barreiros apartamentoS desde 19.900€ en diante, o que orixinou un aluvión de consultas e reservas xa que o precio resulta ser un cuarto, ou como mínimo un tercio do que antes se consideraba precio de mercado.

Pode ser este o comezo dun proceso que evidencia a reducción (aínda que non cremos que tanta) sufrida no valor das propiedades inmobiliarias, que as fixo prohibitivas nos últimos tempos, e que na actualidade mantén inmóvil o mercado.

É sinal de que algo se move. Ou de que se intenta que algo se mova. Falta fai, nun mercado no que ninguén quere dar o primeiro paso.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES