Egocéntricos
Rivas Delgado, Antonio - lunes, 25 de junio de 2012
Aínda que ás veces nos digan que ao lector pouco lle importa a vida do que escribe, adoitamos seguir dálle que dálle para ensinar o noso egocentrismo. Pero, quen non é egocéntrico?
A quen non lle gusta que se saiba das nosas calamidades e desventuras?
Queremos gabarnos de todos os pasos que damos e sempre pensamos que o que lle gusta a un, ten que lle gustar aos demais. Sempre penso que se me gustou tal ou cal película, tamén lle ten que gustar á miña dona e aos meus fillos. Pero non sempre é así.
E aínda sabéndoo, seguimos de cabezóns insistindo unha e outra vez cos nosos gustos, coas nosas manías. Cada vez somos máis egocéntricos.
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora