Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Comprar contaminación

jueves, 24 de febrero de 2005
Antes, o lema era "Quen contamina, paga". Agora o práctico é pagar para poder contaminar.

Sucede en outros moitos lugares, pero o caso afecta a Fenosa, na factoría de As Pontes, onde en tempos había un permanente cheiro ambiental a ovos podres -acido sulfhídrico, técnicamente considerado- que afortunadamente deixou de producirse para ben de todos especialmente dos ponteses.

Alí teñen unha planta de cremación do lignito que se extrae da zona para a producción de enerxía eléctrica. De sempre se vencellou a permanencia da empresa á existencia de reservas no subsolo pontés. Pero todo muda, xa que a empresa vai substituir o lignito pardo altamente contaminante por hulla subbituminosa que procede de Indonesia e polo que
parece "queima máis limpo".

Esa é unha das medidas que Fenosa vai adoptar para tratar de cumprir o protocolo de Kyoto e reducir a contaminación que a factoría produce.

Para este cumprimento, debe reducir os verquidos á atmósfera de dióxido de carbono, dióxido de xofre e óxido nitroso, verquidos que supoñen anualmente pagar un imposto -a ecotasa- de catorce millóns de euros.

Como queira que algúns paises pouco industrializados non chegan ó nivel de contaminación, o seu "excedente" pode ser mercado por outros paises, e nese orixinal pero imprescindible mercado vai gastar Fenosa vinte millóns de euros o próximo ano.

Eso é, simplemente, comprar contaminación; comprar dereito a contaminar.

Que está ben, porque é emprender o camiño da reducción para adecuarse ás normativas e, sobre todo, á salubridade do contorno.

As Pontes mellorou radicalmente de hai uns anos para acó. E segue polo bo camiño. Ou polo menos, ten a boa intención de facelo, aínda que o camiño pase por importar carbón de Indonesia esquecendo as reservas que baixo As Pontes durmen un soño de millóns de anos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES