Medos, humillacións e mentiras
Cardalda, Theo - jueves, 21 de junio de 2012
DESDE O PPREGUNTOIRO
As mensaxes apocalípticos da Führer alamana; os medios máis importantes de Europa ao servizo da gran banca metendo o medo no corpo ao pobo de Greza, fixeron efecto na cidadanía. As mensaxes eran: elixir entre soberanía ou as cadeas do euro. Gañou o chantaxe e o medo, e a democracia perdeu toda a súa esencia, os gregos votaron aos seus verdugos, caeron vencidos polo terror deste neoliberalismo salvaxe, por esta ditadura do gran capital que é a responsable desta desfeita e a corrupción.
Non deixaron que gañara a outra alternativa, pois xa levamos anos que estes ladróns e responsables bancarios metéronnos no túnel da miseria, seguen dicindo que é a única vía para saír desta estafa sendo o camiño que eles propoñen. Mentira puñetera, démoslle oportunidade a outros que teñen outras alternativas máis xustas onde se pode saír deste túnel dun carallo dunha vez.
Levan uns anos intentado meter o medo á cidadanía. Grazas ao medo fan de nós un pandeiro, limitan as nosas conciencias ata chegar a perder o criterio propio e a dignidade xa non existe. Nestes intres só existe o medo, onde están a fomentar o pánico e con elo xustifican leis represivas e accións aberrantes dando unha sensación que son democráticas.
Non chego a comprender (se non é polo medo) que en Greza voten aos mesmos que falsearon as contas do estado e poñendo a este país na bancarrota. Como sempre a socialdemocracia, en vez de mirar para o socialismo o fai para o rescate dos golfos neoliberais. Non encanto, estas eleccións demostraron que a metade dos votantes gregos, perderon o medo e non claudicaron ante o terror e a chantaxe dos estafadores, ladróns e corruptos. Quinto Horacio Flaco, poeta latino que naceu fai dous mil anos dicía moi acertadamente: Quien vive con miedo y temeroso, nunca será libre.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora