Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Partidos xudiciais

viernes, 22 de junio de 2012
En tempos, os estudiantes memorizaban os partidos xudiciais de cada provincia, por puro coñecemento da situación de cada pobo e como recoñecemento á importancia que as demarcacións xudiciais tiñan e teñen á hora de organizar administrativamente o feito de impartir xustiza.

Co paso do tempo fóronse eliminando algúns destes partidos, xa por diminución dos habitantes dunha determinada circunscrición, ou porque unha determinada praza, con evidente aumento da súa influencia no contorno, ía marcando unha centralización irreversible e irresistible.

Agora, nesta época de mudanza, podíalle ter tocado á inmensa maioría dos partidos xudiciais que serían simplificados dunha forma brutal. Dos actuais 45 partidos xudiciais existentes en Galicia quedarían 13 sendo as máis perxudicadas as provincias de Lugo e Ourense.

Polo momento, esta simplificación que propugna o Consejo Superior del Poder Judicial non irá adiante pola oposición frontal do Parlamento de Galicia, que por unanimidade dos tres grupos representados nel acordou oponerse a esta reforma.

Galicia hai que entendela na súa realidade e non sobre o papel, sobre o mapa, desde os núcleos de decisión. E o que pode valer para outro territorio, a Galicia quédalle moi lonxano. E si é certo que as novas tecnoloxías facilitaron moito a evolución dos temas xudiciais, tamén o é que en determinadas zonas – especialmente a montaña- nin as infraestructuras nin as xentes están preparadas para formar parte da vida virtual.

E logo que, dada a diseminación da nosa poboación, a centralización de Partidos faría á suxtiza moito máis lonxana dos galegos, complicando trámites, encarecendo comparecencias, e provocando desigualdade entre os galegos das cidades e do rural nun tempo que se loita para conseguir a igualdade de dereitos dos galegos, nun tempo no que os deberes están igualados. Pero para exercer os dereitos non temos todos a mesma facilidade.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES