Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

En outono, calor

jueves, 21 de junio de 2012
No verán podemos ter calor, que é o máis natural, pero parece que tamén o outono vai contar con elementos engadidos que lle proporcionen temperaturas propias de tempo cálido.

A política pode animar este outono se por fin o presidente da Xunta decide adiantar as eleccións autonómicas que, por calendario, lles corresponde celebrarse no primeiro semestre do ano 2013.

En xullo, Galicia vai ser o escenario da celebración da Intermunicipal, que será unha gran ocasión de proporcionar aos galegos unha perspectiva de organización e forza do Partido Popular diante dos próximos acontecementos electorais que terán por marco o País Vasco ou Galicia, pola orde que a política estableza.

Coa que está caendo, aos galegos vainos ser igual que as eleccións se celebren este ano que o próximo, polo que a resultados prácticos se refire, que a fin de contas dependemos cada vez máis de Europa, o mesmo que o presuposto nacional nos inflúe, e non vai haber grandes cambios porque se adiante uns meses unha consulta que se non colle co paso cambiado ás forzas políticas da oposición non parece collelas no seu mellor momento.

Todos os outonos se anuncian calurosos a comezos de cada verán, porque todos os conflictos e os problemas parecen aletargarse durante a canícula que somos vacacionais por natureza e o verbo disfrutar sabemos conxugalo en todos os seus tempos. Pero este outono pode ser especialmente caluroso se aos calores laborais e económicos se xuntan os políticos coa efervescencia dunha campaña electoral.

Aínda que, ben mirado, o calor soportámolo mellor ca o frío. E a efectos de comprar combustibles, resulta bastante máis barato.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES