Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Bernardo

miércoles, 20 de junio de 2012
Hai unha semana sorprendeume a nova do teu pasamento. Non sabía da túa doenza e facíate gozando dunha merecida xubilación no teu querido berce: na Vilalba que levabas sempre na boca; e da que, de cando en vez, te escapabas para gozar dun Lugo amurallado de cultura.

Eu sempre te lembrarei en Humanidades, achegándote a nós cun sorriso garuleiro e fraternal que nos enchía da túa persoa e, case sen querer, viraba o día cara a ledicia.

Sabes? Ás veces pregúntome porqué hai persoas que deixan tanto dentro de un; e outras, en troques, non chegan a ser salouco; e penso que o máis xusto que ten o ser humano é a memoria, o que quere dicir que unha vida plena ten que gañar o dereito a ser memoria! E ti aquí deches no cravo! Porque todo en ti era bondade, porque non había en ti incoherencias e porque sabías transmitir poñendo o riso e o sorriso no momento oportuno.

Sempre me lembrarei das gargalladas que botaba coas túas anécdotas. E de que máis dunha vez te viches na obriga de parar o teu discurso, xa que o que non podía parar de rir era eu.

Que nos queríamos e nos tiñamos cariño ben o sabiamos, e ficou demostrado nos nosos encontros. Agora, déixoche aquí o que realmente significaches, es e serás para min. Déixoche aquí a esencia do que, para min, será sempre teu recordo:

Deixounos un dos mellores: o profesor, librepensador, humanista e amigo BERNARDO GARCÍA CENDÁN. Vilalbés orgulloso de selo, galego amante da súa identidade, pero sobre todo filántropo incansable que deu todo canto tiña sen en nada reparar. Ben o saben en Ferrolterra.

Eu sempre o lembrarei por Lugo, gozando de actividades culturais, paseando pola cidade ou na casa común que será sempre a Facultade de Humanidades.

Bernardo, sempre levarei a gala ter sido o teu alumno. Fica con nós o teu espírito de home libre e loitador incansable. DESCANSA EN PAZ.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES