Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

E agora, que nos pasa?

martes, 19 de junio de 2012
O dos bancos, está amañado. Ou eso parece. Con ese préstamos multimillonario, multibillonario se se aplican contas doutros países, a banca española non vai ter máis problemas. Os bancos que teñen problemas – que algúns proclaman que eles non os teñen- van reorganizar as súas finanzas e suponse que traballar normalmente, que significa recibir os depósitos dos seus clientes e pagarlles por eles, e conceder préstamos a eses ou outros clientes, percibindo un interese que pudiésemos considera “normal”.

A normalidade depende da época, que contemplamos intereses de ata o vinte por cento, logo baixaron ata o tres ou o catro, e agora volven a rondar o nove ou dez por cento.

Sexa ou non rescate, o tema coidouse solucionado. Pero non. Agora xa non é a banca, agora son os comportamentos dos gregos, as débedas das autonomías, as palpitacións do mercado. E seguimos como estabamos, de derrota en derrota ata a consunción final.

Alguén debera falar claro, se é que sabe falar e sabe que nos debe dicir. Porque as mensaxes recibidas, ou son contradictorias, ou son un aluvión de inconexións que non nos deixan informados senón atónitos, inermes, en ignorancia total.

Se todo o que se leva feito non funciona, ¿qué nos falta? ¿Qué nos queda?. Fáltanos ter alguén en quen confiar; quédanos a desconfianza. Estamos todos a velas vir, gobernos incluidos, expertos incluidos. ¿Cómo imos serenarnos nesta situación?.

O que agora nos pasa, é o mesmo de sempre: ignorancia, desconfianza, desilusión. Seguimos igual que onte, que antonte, peor ca hai un ano. Ignorando que pasará mañá; desconfiando dos que toman decisións; desilusionados polas posibilidades do futuro inmediato.

Seguimos igual, ou sexa mal. E ninguén se ocupa de informarnos – con seguridade, con coñecemento, con ilusión- do que, por desgracia, nos vai pasar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania