Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O home que fuma

lunes, 18 de junio de 2012
Deixa escapar o fume con estilo, mentres coa man esquerda coloca o pelo que lle quere cubrir os ollos. Fala cos compañeiros de mesa e uns dentes brancos asoman tras un sorriso logo do último comentario.

Bracea, xesticula ante certas conversacións e escoita coa mirada de esguello. Acomete outra chupada e segue o fume a saír con elegancia de entre os seus beizos.

Fai que a perna dereita cabalgue sobre a esquerda e deixa caer a meixela sobre unha man, ao mesmo tempo que escoita con atención o que di un dos seus compañeiros.

Nun momento dado, o home bótame unha ollada de esguello e dille adeus aos seus colegas.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES