Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os difíciles silencios

martes, 22 de febrero de 2005
Sempre souben que o máis difícil do mundo era calar, especialmente cando un sabe o que os demáis ignoran. Pero agora comprobo que máis difícil aínda é calar cando un ostenta a categoría de "ex".

Os dous partidos maioritarios teñen ese problema: os seus maiores "ex" non teñen a contención verbal debida e interfiren, coa forza do pasado, no sempre difícil presente, provocando problemas que nunca deberan plantearse.

O último, correu a cargo do exlider do P.P., José María Aznar, que -por unha carta anunciada- rexeita declaracións de Manuel Fraga en relación co apoio recibido pola Xunta de Galicia en relación coa catástrofe do Prestige.

Cando Fraga di que non se sentiu de todo apoiado polo "goberno amigo", por algo será. E se tardou máis de dous anos en dicilo, tamén. E se pon o exemplo do Rei Juan Carlos, que veu "mancharse...como es debido", que dixo o poeta, "del Rey abajo ninguno" poden librarse de facer o mesmo.

Se Aznar tivese calado, o tema -por obvio- non tivese dado para máis de dous telediarios. Como Aznar se rebotou e respostou "urbi e orbe", a palabra fraguiana resonou con máis forza, aínda que logo puxese os puntos onde corresponde, que para eso é político veterano.

Cando un político deixa de selo debía ter que asinar unha cláusula de confidencialidade e de silencio, xa que deixa de ser protagonista. E as críticas, antes, durante e despois, están comprendidas no salario -económico ou intanxible- que os políticos perciben no exercicio dos seus cargos.

Se todo foran comentarios eloxiosos, esto sería Jauja. Pero non o é. Polo tanto, "callen barbas", como dicía o refrán, e antes de que "hablen cartas", lembren os parlantes que "palabra dicha -ou carta escrita- y piedra suelta, no tiene vuelta".
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES