Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O saqueo

viernes, 15 de junio de 2012
DESDE O PREGUNTOIRO

A decisión do goberno de solicitar o “préstamo” para o sistema bancario-financeiro é a todas luces unha mala nova. Este goberno fracasou desde este intre, xa que ata o mesmo sábado o negaban como tolos. Sempre dicía o Sr. Rajoy que o sistema bancario non necesitaba rescate e o Sr. Zapatero falaba que tiñamos o mellor sistema bancario de Europa.

Despois de tantas mentiras, agora pódese sospeitar que a crises non era pública, era unha estafa privada e con esas metéronnos uns axustes de cabalo: mercado laboral, sanidade e ensino.

Esta pasada noite estiven ollando os xornais de Europa e deume vergoña allea lendo sobre a corrupción da linguaxe, ironizando sobre os eufemismos do Presidente e de algúns altos cargos do PP. Están a dar un espectáculo esperpéntico cando falan de “...préstamo á banca..”, cando é un rescate en toda regra, mellor dito, un saqueo. Non me estraña que os xornais das grandes cidades europeas están a “escojonarse” a gargalladas.

Este goberno en tan pouco tempo da fe da súa incapacidade política, da súa facilidade para mentir e do seu escaso peso en Europa. Por riba trátannos de paspáns ¿Quen vai pagar eses 16 billóns das antigas pesetas?. ¿ Os bancos?. Iso non o cre nin o que asou a manteiga, imos a pagar os babecos de sempre: subida do IVA, axuste das prestacións do paro, reducir o gasto en pensións e apurar o atraso na xubilación. Velaí como os lacazáns e pousafoles que fixeron estes trafegos bancarios fóronse de “rositas”, cunhas xubilacións millonarias e ninguén está no cárcere.

O único que lle queda a este goberno é que, os rogos da ministra Fátima Ibañez á Virxe do Rocío lle sexa positivo. Ou senón volver a tomar a illa de Peregil.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES