Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿Como anda o país?

jueves, 14 de junio de 2012
Pasados seis meses do cambio político, é tempo prudente para realizar un análises do traballo que leva feito o Presidente do Goberno, xunto co seu equipo. Se nos centramos nos países democráticos do noso entorno, é difícil encontrar a un Presidente de Goberno, que en apenas seis meses, acabara co capital que aporta ganar unhas eleccións por maioría absoluta.

Mariano Rajoy, herdou unha situación envelenada, de difícil solución. Encontrouse con un pais, pilotado durante dúas lexislaturas por Zapatero e os seus ministros e ministras, caracterizado por seu alto grao de incompetencia, imprudencia e irresponsabilidade, e estes tres elementos xuntos, forman un cóctel perigoso. As súas consecuencias, están a padecelas, o conxunto da sociedade, e con máis intensidade as capas máis desfavorecidas. E a maior desgraza é que o peor inda non chegou, terán que pasar por o menos dez anos, para devolver o sistema a etapa, que a pesar dos seus erros, deixou Xosé María Aznar.

Ante unha situación crítica como a que estamos a vivir, os pobos demandan líderes enérxicos e carismáticos, que estean no fronte, en primeira liña, que tomen decisións e que as comuniquen en vivo e en directo, que chamen as cousas por o seu nome, que non falen con metáforas ou con ironía. Aquí é onde está unha das principais carencias de Mariano Rajoy.

Mariano, non solo non sabe comunicar, senón que non transmite seguridade nin confianza. Nós damos a coñecer o que levamos dentro, se temos inseguridade, medo e desconfianza, iso é o que emitimos, e así nos perciben. Que Rajoy, teña tan escasa valoración social, sempre anda cerca do aprobado, e se o supera, é por escasas décimas, en certa medida débese a esta carencia. Estamos en democracias de audiencias, de iso hai que telo moi en conta.

Neste momento, o Presidente do Goberno, tiña que estar dando explicacións claras, directas e concisas do que está pasando no parlamento e nos medios, e non intentar disimular con xogos de palabras a verdadeira realidade, para non dicir que estamos intervidos, tanto é así que os mercados non se o creen, a aí está a prima de risco por riba dos cincocentos puntos básicos.

Os analistas económicos, saben ben, que cando a prima de risco rompe o soporte dos trescentos puntos básicos, e difícil iniciar o camiño de retorno, e nós, que superamos os cincocentos, o máis seguro e que nos acheguemos os oitocentos puntos básicos, é iso, non hai país que aguante.

Este tamén é o momento, para que se chame ó Parlamento a Zapatero e todos os seus ministros, e ministras, principalmente os da área económica, xunto co gobernador do Banco de España, para que expliquen o que fixeron e o que deixaron de facer, e que asuman as súas responsabilidades.

Acabamos, de medio tapar o furado das caixas de aforros e dalgúns bancos, pero a volta da esquina están dous furados máis que hai que socorrer, un é, a débeda das autonomías. Das nosas autonomías a que non está en coidados intensivos, vai camiño de entrar, por as súas contas parece que soamente se salvan Madrid, a Rioxa e Galicia, o resto xa se está socorrendo ou a punto de facelo. Este furado está sen cuantificar, e por o que podemos intuír, vemos que é avultado.

Un segundo furado que hai que atender e o do déficit tarifario eléctrico, a quen se lle explique como funciona o sector eólico en relación o eléctrico, e para botarse a rir, se non fora que nos vai o bolso, pois con estes xogos de subvencionar a uns a costa dos outros, hai un furado que din que supera os vinte mil millóns de euros.

As crises son malas, pero de forma indirecta ten cousas boas, no noso caso, vai a sacar a políticos e sindicalistas do goberno das caixas de aforros, an que tal como vai o asunto pouco vai a quedar delas, parece que tamén lle toca a xustiza, a política e tamén a monarquía. A ver que queda desta revolución que queda por vir.

Acontecementos teremos para comentar, para rir, chorar e sufrir, ningún de nós podemos quedar indiferentes. Vai a darse un antes e un despois, onde xa nada vai a ser igual.

Choraremos por a sanidade que estamos a punto de perder, por o sistema educativo, por o estado de benestar, pero aqueles polvos trouxeron estes lodos, e no fondo todos temos a nosa carga de responsabilidade, uns por mirar para outro lado e non querer ver o que estaba pasando, e outros por reafirmar co seu voto as políticas que se estaban levando a cabo.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES