Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sogo e o Tigre do Índico

martes, 22 de febrero de 2005
Sogo é un neno de poucos anos
e de moita inocencia e fantasía,
ten os seus pes na terra
e as ilusións, perdurando no límpido ceo
dunha infancia primeira.
Sogo pasa as horas,
aprendendo na escola da vida,
polas rúas falando coa xente do seu barrio;
xogando con outros rapaces
e bañándose na inmensa ledicia dun neno
que, soamente ten unha teima, vivi-lo presente.
Tódalas mañáns despide cun bico ó seu pai pescador
e, polo solpor, sae a recibi-la pequena dorna
para regalarlle ao seu pai un inmenso abrazo.
Sempre esa barca ven chea de alegría;
a súa nai tecendo ca madeixa do amor
redes de esperanza,
e coas agullas dos seus ollos
e o fío longo da súa ollada
cosendo soedades núas
para facer bellas filigranas de amores.
Sogo recolle as cunchas valeiras de perlas
e as caracolas mudas
para facer collares de fermosa ilusión
que ofrece por unhas moedas a os turistas
como souvenir daquelas terras do Índico.
Vai descalzo deixando a súa pegada na area,
a súa satisfacción é abrazarse,
fundirse nunha infinda aperta co mar.
Intenta reter nas súas cándidas mans
a branca escuma das ondas
que son palabras escritas polo vento
e os seus ollos telúricos suspiros,
luz de humildade que brila nas vidas sinxelas.
Escribe o neno as verbas que non dí,
na area da praia
pero o mar, como aviso fatal,
Borra esas letras
e as ideas, que gardaba no castelo das areas
esparexidas polos mundos lonxanos.
Non hai sombras na vida de Sogo,
está sempre soñando desperto
pero... un día de Decembro
o mas despertou a Sogo dunha forma brutal,
xa non era manso piélago
e sí o Tigre do Índico
que sae feroz e violento
lanzando os seus terribles zarpazos.
Sogo non pode crer que sexa verdade,
a súa ollada está nubrada polo pranto,
a barca e o pai afundidos,
as redes da súa nai escachadas
e o fío das súas vidas roto polo Parca maldita.
Sogo agarrouse a unha palmeira providencial
e o tigre mata e mata sin piedade
roubando nas súas fauces a paz e tranquilidade.
O seu camiño é un cemiterio de persoas, enseres...
un furacán de auga
que sementa dor e pranto,
que coloca aquel álbum de fermosas cores
páxinas en negro luctuoso
e os testigos da hecatombe,
como o pobre Sogo
para sempre, condeados a vivir
afogados nun piélago de pranto
que provocou o Tigre do Índico
que deixou ollos en branco
e corazóns epicentros de incurable ferida,
que supón ver voa-la realidade,
quedar co espello da memoria empañado para sempre.
E na roseira da alma
nunca máis ese bonito florecer
porque o tigre do Índico matou a nenez
de moitos rapaces como Sogo
que son, peregrinos dun destino incerto;
é o seu berro,
un eco no rumor desa caracola
que hoxe, nunha praia social calquera,
apego á miña sensible orella
para facer tremer no meu corpo
a bolboreta do meu vital alento,
que era aire osixenante,
e, agora, xeada impotencia.
Pol, Pepe
Pol, Pepe


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania