Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Imos vellos

viernes, 15 de junio de 2012
Temos tantos problemas na actualidade que a nosa capacidade de reacción e de atención non permite máis ca prestar atención aos que parecen máis urxentes e por eso máis importantes.

E sen embargo un aspecto da nosa xeografía social debera captar a nosa atención máxima e preocupación permanente. Trátase do envellecemento da nosa poboación – cada vez os galegos somos máis vellos- que augura un auténtico desastre no futuro.

Se o envellecemento se debese de xeito especial á mellora das condicións de vida e conseguinte alongamento do período vital, pois sería motivo de satisfacción. Pero aínda que esto se produza, e cada vez as cifras son máis favorables a unha maior esperanza de vida, o problema radica en que nacen moi poucos nenos, e por eso a nosa poboación é cada vez máis vella.

Nunhas xornadas celebradas en outubro do pasado ano na Egap púxose de manifesto que Galicia, despois de Asturias, é a autonomía española que máis poboación perde, especialmente na Galicia rural. Que o problema, tamén é verdade, non é só galego, xa que se considera que máis do vinte por cento da poboación mundial vai superar os 60 anos a mediados do presente século.

Pero, dentro de Galicia, o tema agudízase na Galicia oriental, e Ourense e Lugo teñen a discutible honra de ser –cun trinta por cento de persoas maiores- xunto co Xapón, as comunidades “máis vellas” do mundo.

Tema para pensar e razonar de cara ao futuro. Sen solución radical ou inmediata, e cun Plan de traballo da Xunta de Galicia do que se agardan pautas de comportamento das institucións fomentando hábito de vida saudables para os maiores (que en Galicia superan xa os 600.000) e sobre todo conseguir que haxa máis galegos para que a nosa comunidade non desapareza por consunción.

Non é tarefa doada. Pero hai que afrontala con todo rigor e responsabilidade, especialmente nestes difíciles tempos que nos toca vivir.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania