Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Responsabilidade patrimonial

jueves, 14 de junio de 2012
Nunha sociedade anónima, os accionistas non arriscan máis que o capital desembolsado por mal que vaia a empresa, e o mesmo ocorre nas socialidades limitadas aínda que neste caso ben se preocupan as entidades de crédito en que os socios avalen persoalmente as débedas da empresa co que un empresario responde como socio e como particular da marcha da sociedade.

Algo peor ocorre cos autónomos ou empresarios individuais, onde se responde coa totalidade do patrimonio no caso de que veñan mal dadas, cousas ben doada nestes momentos de dificultade.

Parece ser que o goberno anda en estudiar este tema tentando promulgar, despois do inhábil verán, unha norma segundo a que o empresario autónomo non teña que responder con todos os seus bens no caso de fracaso da súa iniciativa, e exista un determinado conxunto de bens que sexan inembargables, especialmente o que se refire ao más básico coma o fogar familiar.

Ben está que se estableza un mecanismo de protección mínimo e razoable para defender á unidade familiar diante dunha situación crítica na que o que arrisca como emprendedor podía ata agora perdelo absolutamente todo.

Se se pretende que neste país se afronten iniciativas hai que propiciar non só o crédito para financiar a súa iniciación e continuidade senón un mecanismo que impida que un fracaso comercial ou industrial se transforme nunha derrota total. Agardemos a normativa expectantes pola súa conveniencia precisamente agora e aquí.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES