Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Conxunción infame

miércoles, 13 de junio de 2012
Tres noticias coinciden na base formando unha conxunción que debe facernos pensar na fondura dos problemas que nos afectan na actualidade.

Dunha parte, estase reducindo o absentimo laboral, en Galicia e en España, pero en Galicia de xeito ostensible xa que tamén aquí era especialmente destacado este fenómeno. Sábese, e así o consideran os especialistas, que esta reducción motivada pola crise se debe ao temor pola perda do posto de traballo.

Por outra parte, redúcese o número de ingresos en residencias xeriátricas, e cando se producen faise máis tarde, con maior idade e con maior grado de necesidade de atención, debéndose este fenómeno ao aumento de persoas en paro que poden dedicarse a cuidar a un familiar repercutindo a pensión deste na unidade familiar.

E unha terceira, e a máis dramática, é o aumento do número de nenos galegos afectados pola crise, que UNICEF cifra en máis de cen mil. Eles son os máis inocentes dos inocentes afectados por unha crise inmerecida, que sofren menos porque seus pais se ocupan de sofrir o doble pensando neles.

Se xuntamos as tres novas nas nosas conciencias, produce unha conxunción doorosa, infame. Se nas nosas mans estivera solucionar en algún aspecto este escenario vital, crearía unha urxencia irrefrenable. Pero temos as mans atadas todos nós. E parece que tamén os que nos gobernan.

E así seguimos agardando por unha lotería inimaxinable, unha solución que veña do ceo que da terra xa empezamos a non ter moita esperanza.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES