
Nesta España dos nosos pecados somos maiores en idade, dignidade e goberno? ¡Qué si? Daquela, a qué esperamos: ao Museo coas cadeas da escravitude!
Corenta anos de noite de pedra, e outros corenta comungando con rodas de muíño. ¡Xa está ben; xa está ben de que os poderes, os poderes públicos, sigan sen distinguir as cabras das ovellas! E nada de listas cerradas, eses cortellos lastrados de palla; ¡eu quero listas abertas, campo aberto, pois, aínda que me tomen por ovella, e aínda que o sexa, qué menos que elixir un pastor que me caia simpático, polo menos simpático, pois a competencia, se non ma demostran, non llela arrendarei por máis de catro anos!
¡Abaixo as cadeas, abaixo os contistas, os indocumentados, os tiranos, os
, os ladróns! ¡Os ladróns, tamén! Non só en Grecia se esqueceron de que, Democracia é o outorgamento, a delegación, parcial e periódica, nos mellores, nos mellores de cada lugar! ¿É que, tanto en Grecia como en España, xa non os hai mellores? ¿Emigraron, xunto cos técnicos, os de conciencia limpa e formada, maduros en definitiva? Eles, os
, chamémoslles tan só mandantes, téñense por especialistas, ¡iso si, de carreira longa!, pero eu, e coma min un montón de indignados, vounos descubrir: a súa carreira, a que exercen, é a de AD CAPTANDUM VULGUS, a de capta-los vulgares! E se algún, se algún excepcional queda, eses tales ben que se coidan de completa-la lista con ignorantes
, para encadealos! ¿Aos seus? ¡Si, tamén aos seus, canto máis pétreos mellor, pois con pedra bruta é como mellor se cimentan as torres!
¡Vellos da miña xeración, nós, que nacemos nunha monarquía esfarelada, e nos criamos nunha república inmatura, pasando por aqueles corenta anos de mili, de mili, ¡Firmes, ar!, para celebrar unha demo
, ¡iso, unha chafallada do demo!, alcemos as nosas caiadas e proclamemos unha insurrección: ¡O levantamento dos indignados!
Se non o saben facer mellor, uns e outros, que volvan á escola, que xa lles ensinaremos os vellos, pois se algo nos sobra é experiencia; e se son tan listos e tan preparados que o fan mal adrede por aquilo de que, A río revolto, ganancia de pescadores, convertamos os polígonos industriais en Campos de Concentración
, pois para almacenar mercancía importada, en lugar de dedicalos á exportación, sobra a metade deles! Propoño que o noso berro, o noso clamor, sexa: ¡As cadeas, ao Museo!
Gómez Vilabella, Xosé M.