Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aforrar en Sanidade

martes, 12 de junio de 2012
Andan as administracións públicas en trance de recortar gastos nas partidas máis diversas e menos sensibles para o interese público. Por eso se considera que as últimas cuestións que haberá que tocar son as referentes á educación e a sanidade.

Porque ben está recortar pero non se pode facer pola brava e radicalmente, que hai temas que non permiten ningún tipo de recorte, e cuestións que hai que facer moitos estudios previos antes de rebaixar calquera asignación.

E ademáis de recortar, antes de facelo ou en lugar de facelo, hai que conseguir rendibilizar todos os recursos existentes, de maneira que cos mesmos investimentos se poidan conseguir mellores ou maiores resultados, especialmente se temos en conta as novas tecnoloxías.

O Presidente Feijóo presentou recentemente un novedoso sistema denominado “Fogar Dixital Asistencial”, que se está a poñer en marcha pola Xunta, que vai permitir poder controlar desde os centros hospitalarios aos enfermos crónicos sen que teñan que acudir aos hospitais nin os médicos desplazarse aos seus domicilios.

Nos fogares onde residan enfermos crónicos, implantaranse dispositivos dixitais a través dos que, de xeito remoto, se controlarán as constantes dos enfermos, obtendo os médicos a mesma información que se o enfermo estivese atendido no centro hospitalario. O sistema funcionará en doble dirección, de xeito que nos hospitais se recibirán os datos do enfermo e este recibirá as instruccións médicas precisas.

Velaquí un xeito de aforro, de reducción de custos hospitalarios, onde se poderá obter os mesmos resultados con menos esforzos e investimentos. Este é o camiño: Recortar mellorando. Mesmo en Sanidade. Especialmente en Sanidade.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES